Pel

Sempre tiven a idea de facer unha sesión de fotos con distintas modelos desnudas na que denunciar os estereotipos aos que estamos sometidas as mulleres. O que quero representar co meu traballo fotográfico e que todos os corpos son preciosos sexan como sexan. Un eloxio a imperfección perfecta.

Tendo a idea principal clara, o que se me veu a mente foi fotografiar as miñas modelos en un entorno natural, e dicir, no monte, para que as cores das peles tiveran un contraste cos verdes da natureza. Imaxineime unhas fotografías nas que as modelos estiveran en posicións naturais, e dicir, de pé ou sentadas interactuando coa natureza. Cuns planos pechados nos que se vexan partes do corpo pero tamén se vexa un pouco de natureza rodeando o corpo.

Como me encanta manexar a luz natural, era unha elección perfecta para este proxecto. Xogando cas luces e sombras que se proxectan no monte enriba dos corpos desnudos.










































0 comments:

Publicar un comentario