A nostalxia dos 2000
09.11.2021
LOCALIZACIÓN
Set plató fotográfico con fondo branco.
CASTING
Nesta ocasión a modelo será Andrea Rivas, muller xoven, morena e de complexión normal.
ACTING
As poses serán esaxeradas e moi teatrais utilizando as mans como forma de enmarcar a fotografía. A expresión corporal da modelo será clave.
As expresións amosarán unha face indiferente, sempre mirando a cámara desafiante.
Utilizaránse
elementos de atrezzo típicos dos 2000 cos que a modelo interectuará
imitando as típicas revistas de adolescentes da época.
ASPECTO
Roupa: imitará o estilo da época, con tops axustados, pantalóns vaquerios, tiros baixos, prataformas, bolsos, cintos, xollaría, gafas de sol… As cores serán vivas e rechamantes.
Maquillaxe: ao igual que a roupa, será típico dos 2000, cos beizos marcados por gloss, fox eyes, purpurina e brillos.
Peinado: este será un recollido, ou ben con moños ou ben con trenzas a ambos lados da cabeza. Incuiránse clips e gomas de cores que poidan recordar á época.
CÁMARA
A sesión realizarase case de forma íntegra con obxetivos angulares intentando conseguir a deformación da perspectiva. Canto máis se chegue ao efecto ollo de pez, mellor. Un f/8 será suficiente nesta ocasión, a velocidade a 1/125s e ISO 200. Buscaráse unha angulación moi picada na maioria destas tomas.
Tamén se usará un obxetivo normal para realizar tomas de corpo enteiro e planos medios que permitan apreciar o aspecto da modelo. A angulación será normal.
Un f/5.6 será suficiente e de novo, a velocidade a 1/125s e ISO 200.
A composición será central.
ILUMINACIÓN
O esquema de iluminación será en clave alta.
Usando un fondo blanco como fondo, constará dunha luz principal a 45º da modelo proxectada cun un beauty, buscando unha luz suave.
Do outro lado haberá unha luz de recheo moi envolvente de man dun softbox que ilumine todo o corpo da modelo.
Por último, unha luz iluminará o fondo polo menos con 2 diafragmas por riba da luz principal.
just one smile, please!
21.02.2022
Localización
Set fotográfico de fondo azul e negro.
Casting
Nesta ocasión a modelo será Paula Cordero, muller xoven de complexión alta e delgada coa pel clara e o pelo tinguido de vermello.
Acting
A actitude é de pura resignación, incluso desafiante á cámara, casi retándoa, enfadada. As miradas a cámara serán moi importantes y case todas as poses serán de forma sentada acentuando o cansanzo e abatimento da persoaxe. A modelo interactuará cos diversos elementos do espazo: globos, cigarros, coitelos, unha tarta... Cada acción reforzará a mensaxe principal.
Aspecto
A maquillaxe será a característica dos paiasos, dándolle un toque máis moderno con cores vivas e motivos rechamantes.
O peiteado consistirá nun recollido con moños a ambolos dous lados da cabeza.
O vestiario requerirá dunha camiseta e pantalóns brancos.
Cámara
Usarase un obxetivo normal para realizar tomas de corpo enteiro e planos medios que permitan apreciar o aspecto da modelo. A angulación será normal.
Un f/8 será suficiente con velocidade a 1/125s e ISO 200.
Por último, faránse unhas tomas detalle da cara da modelo cun obxetivo fixo de 85mm a un f/1.8 que permita aislar o resto e centrar a atención na mirada da modelo e os detalles do seu maquillaxe. A velocidade seguirá sendo 1/125s e a ISO 200.
Todas as tomas serán verticais e mirando á cámara.
Iluminación
Para a iluminación usarei un único punto de luz que proxecte un haz circular definido sobre a modelo.
0 comments:
Publicar un comentario