luns :/


UNTOLD STORIES


〈🔻A Coruña  ⟷  14.03.2022〉

Este luns visitamos a exposición do famoso fotógrafo de moda alemán, Peter Lindbergh, na Coruña.








Práctica Flash

〈🔻EISV  ⟷  31.01.2022〉

Hoxe probamos os direrentes efectos que produce un flash nas fotografías dependendo dos parámetros que coloquemos na cámara. 


Dirección de Modelos

〈🔻Plató 100  ⟷  08.11.2021〉

Hoxe volvimos ao plató para realizar unha práctica de dirección de modelos con luz contínua. Sen quitar os ollos do visor, diriximos aos modelos obtendo o seguinte resultado.



 




Retratos con luz natural e flash

〈🔻Exterior EISV  ⟷  15.11.2021〉

Como na semana pasada, saímos aos exteriores da escola para realizar unha práctica onde se conxugase a luz natural do sol coa luz artificial dun flash. 
As fotografías serían retratos onde a persoa estivese un punto de diafragma por riba do fondo.







Retratos con luz natural e flash

〈🔻Exterior EISV  ⟷  08.11.2021〉

Nesta práctica saímos aos exteriores da escola para realizar unha práctica onde se conxugase a luz natural do sol coa luz artificial dun flash. 
As fotografías serían retratos onde a persoa estivese un punto de diafragma por riba do fondo.





20 Fotos con Modelos

〈🔻Plató 100  ⟷  18.10.2021〉


Similar á semana pasada, vinte fotos sen quitar o ollo do visor e cunha luz continua, dirixiremos aos modelos.




 Dirección de Modelos

〈🔻Plató 100  ⟷  04.10.2021〉

Vinte fotografías seguidas sen quitar o ollo do visor era o exercicio de hoxe. A iluminación seguía a ser a mesma que a da semana pasada, unha luz suave e envolvente fixa. O obxectivo foi dirixir ao modelo sen poder pararnos a ver o resultado logo de cada toma. Así foi.




 Dirección de Modelos

〈🔻Plató 100  ⟷  27.09.2021〉

Tendo como única directriz a mirada tranquila á cámara, e un único punto de luz co que traballar, iste foi o resultado da prácitica de hoxe. 

Unha luz suave iluminao en tres ocasións, mais de forma diferente. 


Unha fotografía plana pero con bo detalle de toda a cara. 


Outra tomada dende os 45º onde o volume faise máis visible e as sombras comezan a modelar a cara.


Unha na que luz e oscuridade dividen o rostro por igual.




0 comments:

Publicar un comentario