Virxilio Vieitez
20.09.2021
Virxilio Viéitez (Forcarey, 1930-2008) é a figura máis influente da fotografía galega do século XX. A súa maneira de mostrar a realidade da década de 1950, lembra ao concepto cinematográfico e móstranos unha imaxe sociolóxica de mediados do século pasado.
Viéitez é un sobrevivente, un traballador, un buscavidas que atopou na fotografía un medio de expresión, de comunicación e de traballo.
O mellor de Viéitez é que non era un intelectual, nin era rico, era un artesán que aprendeu a desenvolver un estilo propio.
Era, que dubida cabe, un fotógrafo realista, pero a posta en escena das súas imaxes convídanos a viaxar a un mundo diferente onde se mestura o real e o simbólico, o evidente co metafórico.
0 comments:
Publicar un comentario