Jeff Wall no CGAC


12 novembro 2011 - 26 febreiro 2012
O Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a exposición Jeff Wall. O sendeiro sinuoso, comisariada por Joël Benzakin, organizada polo Centro de Belas Artes Bruxelas BOZAR en colaboración co CGAC, entre o vindeiro 12 de novembro de 2011 e o 26 de febreiro de 2012. A mostra todos os espazos expositivos do edificio.

Jeff Wall é, sen dúbida, un dos artistas máis influentes da arte dos tres últimos decenios. Desde finais do setenta, o artista canadense —coas súas fotografías de gran formato colocadas en caixas de luz— propúxose redefinir os paradigmas da fotografía. Desde os inicios da súa carreira, as súas imaxes —coas súas alusións á historia da arte e, máis concretamente, á pintura clásica— reflicten a súa convicción de que é posible manter unha certa continuidade incluso dentro dos canons do modernismo e o seu postulado de que é posible pintar a vida moderna.
A exposición O sendeiro sinuoso examina o contexto que propiciou o desenvolvemento da obra de Jeff Wall e, a través dunha ampla escolma tanto das súas obras coma das doutros artistas, aspira a percorrer a traxectoria das preocupacións estéticas do fotógrafo. O proxecto explora as íntimas interconexións entre o proceso creativo do artista e as influencias e indagacións que marcaron o tal proceso.
Estas influencias foron pictóricas, fotográficas, cinemáticas, literarias e documentais, e sumáronse ás posicións teóricas adoptadas polo propio Wall. A exposición quere amosar tanto a lóxica interna do seu traballo como as experiencias estéticas que guiaron as súas decisións e o conxunto da súa obra.
Na exposición abórdase unha gran diversidade de temas que resultan esenciais na obra de Wall: o minimalismo e a relación coa escala, a fotografía histórica, a fotografía conceptual e posconceptual, a literatura, a fotografía documental, etc. Vinte e cinco obras de Jeff Wall, que van os desde anos setenta ata a actualidade e que constitén, o cerne da exposición, serven para ilustrar estes temas xunto cunha escolma de obras doutros autores realizada polo comisario da mostra Joël Benzakin e polo propio artista. A exposición non só constitúe unha oportunidade única para coñecer en profundidade a obra dun autor referencial da fotografía contemporánea, senón que permite reinscribir o seu traballo no contexto cultural en que este se desenvolveu. Cincuenta e nove artistas, de Eugène Atget a Luc Tuymans, foron coidadosamente escollidos para establecer un proveitoso diálogo cunha traxectoria enraizada na fotografía que acabaría por ter repercusión en todo o universo de arte contemporánea.

3 comments:

Jacobo Martínez Outeiral dijo...

La foto del fondo la mejor de la exposición, sin duda.

Belu Rodríguez dijo...

Y la de las bombillas...buf :)

Diego dijo...

Hay una aproximación interesante a la obra de Jeff Wall en la página de la galería Tate:
http://www.tate.org.uk/modern/exhibitions/jeffwall/infocus/default.shtm
Personalmente me ha resultado muy útil a la hora de profundizar en la obra de Wall

Publicar un comentario